Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para a contratación do servicio de limpeza de edificios municipais para os anos 2002, 2003 e 2004.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servicio de limpeza de edificios municipais durante os anos 2002, 2003 e 2004, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.

Barbadás, 10 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado