Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 23 de outubro de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia de Lugo, polo que se notifican as peticións de documentación para as pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, -modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro)- ó ser devolta polo servicio de correos a petición de datos -documentos mínimos- enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo a petición de documentación por carece-la súa solicitude de pensión non contributiva dos datos e/o documentos necesarios para a tramitación do expediente correspondente.

Para estes efectos deberá achegar persoalmente ou por correo, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da data de publicación deste edicto, os datos e documentos indicados no anexo.

A documentación achegada deberá ser orixinal ou debidamente compulsada. As compulsas pódense realizar neste Servicio de Prestacións, centros sociais da consellería, nos respectivos concellos e outras formas administrativas regulamentarias.

Transcorrido o prazo indicado sen que se reciban os datos e /ou documentos solicitados, procederase o arquivo da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembr).

Lugo, 23 de outubro de 2001.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Solicitante: Benita Carmen Ponce Romero.

NIF: X0237752R.

Documentos que hai que achegar: certificado de empadroamento con dez anos anteriores á data da solicitude.