Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 23 de outubro de 2001 dictada no expediente sancionador AC-104/2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-104/01, incoado ó titular do establecemento de café-cantante denominado Standing, situado no lugar de Trasmonte nº 17, do Concello de Oroso (A Coruña), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde

o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de maio).

Expediente: AC-104/2001.

Denunciado: Ramón García Pérez.

Establecemento: café-cantante Standing.

Enderezo: Lugar de Trasmonte nº 17.

Localidade: Oroso.

Precepto infrinxido: artigo 86 epígrafes 1º, 2º e 5º da Lei 9/1997.

Resolución: 23 de outubro de 2001.

Sanción: tres multas, de quince mil (15.000) pesetas cada unha.

A Coruña, 30 de outubro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña