Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 020SA/2001 e 179SA/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que a modifica, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, ésta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 8 de novembro de 2001.

P.A.

César Concheiro Ceide

Secretario da Delegación Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 179SA/2000.

Denunciado: Liste García, Mª Carmen.

DNI: 33221327.

Último domicilio coñecido: Garabal- Sal Silvestre, 7 Santiago de Compostela.

Feito denunciado: transportar no vehículo Seat Trans matrícula C-2192-AJ, un animal bovino identificado co crotal ES061103699140, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar gando vivo no Serv. de P. e S. Animal desta consellería.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento de epizootias, 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 15.000.

Expediente: 020SA/2001.

Denunciado: López Calvo, José.

DNI: 32611144.

Último domicilio coñecido: r/ Hospital, nº 96, Ferrol-A Coruña.

Feito denunciado: os servicios veterinarios oficiais dependentes desta consellería denuncian o expedientado con motivo de que, non obstante mediar advertencia previa, non se atopaba presente no momento de procederse ó preceptivo saneamento dos animais existentes na súa explotación, razón pola cal, non pudo materializarse este.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 1 e 11 da Lei de epizootias, 8.4º da Orde do 4-4-1997 en relación co artigo 209.3º do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 75.000.