Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/135-2, 5709 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Hnos. da Pena.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con lonxitude de 0,180 km con orixe na L.M.T.S. ó C.T. Corredoira conductor tipo R.H.V. e final no C.T. Hnos. da Pena. C.T. non prefabricado con poten

cia de 400 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo