Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. na Ferrería.
Situación: As Nogais.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,121 km con orixe na L.M.T. Becerreá-As Nogais conductor tipo LA-56 e final no C.T. A Ferrería. C.T. intemperie con potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,485 km con orixe no C.T. da Ferrería e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 9 de outubro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo