Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.150

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, de conformidade co establecido na Resolución do 7 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia número 119, do 20 de xuño).

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 7 de xuño de 2001, (DOG nº 119, do 20 de xuño), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para as categorías 8 (director/a de gardería infantil), 11 (fisioterapeuta) do grupo II, categoría 11 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV e categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) do grupo V, e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, na sesión do día 24 de outubro de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo correspondentes ás categorías 8 (director/a de gardería infantil), 11 (fisioterapeuta) do grupo II, categoría 11 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV e categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) do grupo V, as listas están expostas da forma que de seguido se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación provisional.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.- Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para a corrección dos erros e, de se-lo caso, formula-las oportunas alegacións, que serán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública; edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, de se-lo caso, levaranse a efecto as correccións procedentes, dándoselle a oportuna publicidade.

Cuarto.- Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que de seguido se expresa:

Grupo II: 6.780 pesetas.

Grupo IV: 4.845 pesetas.

Grupo V: 3.880 pesetas.

Estarán exentas do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, con xustificación documental.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública