Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 20 de novembro de 2001 pola que se establecen axudas periódicas de prevención e apoio a familias para a integración do menor.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º asígnalle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais para Galicia, no seu artigo 50 prevé a posibilidade de concederlles prestacións e axudas económicas

a persoas que se atopen en estado de necesidade. O Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polos Decretos 117/1999, do 23 de abril, e o Decreto 202/2000, do 21 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no seu artigo 1 atribúelle á devandita consellería competencia en materia de familia, infancia e menores, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia.

A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia, prevé no seu artigo 11.3.c) a regulación de prestacións económicas ou técnicas, que teñan por obxecto incidir favorablemente nas situacións de carencia familiar, e no artigo 15.a) establece, entre outras medidas preventivas, o apoio á infancia e á adolescencia a través de medidas económicas ou técnicas dirixidas a cubri-las súas necesidades básicas e mellora-lo contorno familiar, co fin de garanti-lo dereito a desenvolverse, sempre que sexa posible, no seo da súa propia familia.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto sinala, no seu artigo 1.1º, a posibilidade da dita tramitación no exercicio inmediatamente anterior ó dos orzamentos con cargo ós que se vaian imputa-los correspondentes gastos, mesmo cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso sempre que exista crédito axeitado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta, que corresponda ó exercicio orzamentario no que se vai materializa-la contraprestación.

Igualmente, a dita orde establece no artigo 1, punto 1º.2, que se con data do 20 de outubro non estivese aprobado polo Consello da Xunta o proxecto de orzamentos para á súa remisión ó Parlamento, suposto no que nos atopamos, poderá igualmente iniciarse a tramitación de expedientes anticipados durante o período comprendido entre a dita data e a do 31 de decembro do correspondente exercicio orzamentario.

A aplicación desta norma supón a posibilidade de axiliza-lo proceso de execución do orzamento, beneficiando moi especialmente os propios administrados e sen mingua da soberanía do Parlamento toda vez que o artigo 3.1º dispón que na tramitación anticipada de expedientes de subvencións e outros gastos non contractuais poderase chegar, como máximo, ata o momento inmediatamente anterior ó de disposición ou compromiso de gastos.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario del Galicia, establécense os requisitos e as normas necesarios e básicos para a xestión e actividade económico-financeira, normativa á que, en consecuencia, se adaptará esta orde, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Nos orzamentos xerais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para o exercicio 2002 normalmente vai existir crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria 14.02.212A.482.0 para as axudas que se establecen nesta orde, reservándose para tal efecto un crédito de 1.974.943,81 euros (328.603.000 ptas.).

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO

Artigo 1º.-Obxecto e finalidade destas axudas.

Esta orde ten por obxecto esteblece-las bases reguladoras para a concesión de axudas individuais, de carácter periódico, de prevención e apoio á familia para a integración do menor, durante o exercicio económico do ano 2002, e proceder á súa convocatoria.

A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a familias para garanti-la atención adecuada ós menores ó seu cargo, e favorece-la permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestructuración familiar.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as familias con menores de idade, que se atopen en circunstancias carenciais graves e precisen de apoios económicos para satisface-las súas necesidades básicas e evita-la desestructuración familiar.

Artigo 3º.-Contía das axudas.

A contía mínima e máxima que poderán alcanzar estas axudas está comprendida entre 60,10 euros (10.000 pesetas) e 300,51 euros (50.000 pesetas) mensuais por familia, sen que superen a contía de 120,20 euros (20.000 pesetas) por menor.

A determinación da contía total da axuda que se vai conceder por unidade familiar establecerase en función das circunstancias económicas e sociais que concorran en cada caso.

Artigo 4º.-Requisitos.

Serán requisitos necesarios para a concesión das axudas:

1. Residir na Comunidade Autónoma galega.

2. Que os menores non teñan cumpridos os 18 anos de idade.

3. Que a renda per cápita anual do núcleo familiar non exceda de 1.803,04 euros (300.000 pesetas).

4. Que a axuda sexa necesaria para garanti-la permanencia do menor no seu medio familiar.

5. Que a familia poida evolucionar cara á súa plena autonomía e integración social, sendo estas axudas un apoio temporal.

6. Que a dinámica do núcleo familiar garanta a educación e normalización da vida destes menores en aspectos tales como alimentación e vestiario dignos, escolarización regularizada, atención médica adecuada, hixiene e coidado corporal e outros análogos.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formularanse mediante instancia subscrita polo representante da unidade familiar segundo o modelo oficial (anexo I).

Cada solicitude irá xunto coa seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI do solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia obrigados a obtelo.

2. Fotocopia do libro de familia.

3. Certificación bancaria do número de conta do que sexa titular o solicitante.

4. Xustificación de haberes: última nómina dos membros da unidade convivencial que perciban haberes; declaración de IRPF ou declaración xurada dos maiores de idade de non estar obrigados a facela; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do Inem referida, así mesmo, ós maiores de idade; xustificación doutros ingresos familiares, de se-lo caso. A xustificación farase de acordo co modelo de declaración para os maiores de idade (anexo II).

5. Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, polo mesmo concepto, das distintas administracións públicas competentes.

6. Compromiso escrito por parte do solicitante (anexo III) de:

a) Aplica-las axudas á finalidade para a que sexan concedidas.

b) Contribuír á normalización e integración social do núcleo familiar.

c) Atender correctamente á educación dos menores ó seu cargo.

d) Acadar canto antes a plena autonomía familiar.

e) Comunicarlle nun prazo non superior a 15 días ó órgano competente que tramitou a solicitude calquera modificación que afecte ás características deste tipo de axudas.

Deberá xuntarse á documentación achegada polos solicitantes un informe social, que deberá axustarse ó modelo oficial descrito no anexo IV. O dito informe deberá ser elaborado preferentemente polos servicios sociais municipais ou, nos supostos de necesidade inmediata de atender ó menor, polo equipo técnico do menor da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que corresponda. O informe valorará e verificará os datos presentados, e proporá as oportunas medidas que se van tomar, especificándose como se efectuará o seguimento das axudas, tanto para garanti-la súa correcta aplicación como para procurar un apoio periódico que posibilite canto antes a plena autonomía destas familias.

No caso de que o solicitante recibise unha axuda para a integración do menor durante o ano 2001, á solicitude xuntarase unicamente a xustificación de haberes prevista no punto 4, así como o preceptivo informe social (anexo V).

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse na delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde teña o seu domicilio o solicitante, ou ben nos concellos que teñan subscrito o convenio oportuno, que remitirán os expedientes á delegación correspondente, sendo de aplicación en todo caso o disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, agás en situacións de extrema gravidade, debidamente xustificadas e xurdidas despois deste prazo, que rematará o 31 de outubro de 2002.

Artigo 7º.-Tramitación.

1. As delegacións provinciais comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos esixidos nesta orde, requiríndolle ó interesado por escrito a emenda de defectos que houbese, con indicación de que, se así non o fixese no prazo de 10 días, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Revisada a documentación e completada, se é o caso, remitirase á Comisión Provincial de Valoración, que terá a función de propoñe-la concesión, modificación, prórroga, suspensión, revogación ou denegación delas, seguindo os criterios obxectivos recollidos nesta orde.

3. A composición da comisión provincial de valoración será a seguinte:

-Presidente: o xefe do Servicio de Familia, Infancia e Menores da delegación provincial.

-Vocais: o delegado provincial designará dous funcionarios, dos que un deles actuará como secretario da comisión. Así mesmo, participará un representante da Intervención Territorial, que actuará con voz pero sen voto.

4. Tódolos actos de trámite efectuados nos expedientes de gasto regulados por esta orde se entenderán condicionados a que, ó se dicta-lo acordo de compromiso de gasto, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos aqueles actos. Para estes efectos poderase solicitar dos interesados declaración xurada acreditativa.

Artigo 8º.-Criterios de valoración.

Cando o número de solicitudes con dereito a axudas sexa tal que exceda o crédito orzamentario destinado para tal fin, a Comisión Provincial de Valo

ración aplicará os seguintes criterios para determina-las ditas axudas:

-Non ter percibido estas axudas durante tres anos consecutivos.

-Maior número de fillos.

-Menores ingresos; a contía máxima será establecida pola comisión en función do número de solicitudes.

-Desinternamento.

-Evitar internamento.

-Situación sociofamiliar (familia monoparental, aluguer vivenda, existencia de minusválidos na unidade familiar, terceira idade).

Artigo 9º.-Resolución.

1. A concesión das axudas, unha vez fiscalizadas pola Intervención, corresponderalles, por delegación da conselleira, ós delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, segundo o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que deberán resolver no prazo máximo de 90 días, contados a partir da publicación desta orde. Nas solicitudes extraordinarias, de conformidade co artigo 6º desta orde, o prazo de resolución será dun mes a partir da presentación da solicitude. No caso de non existir resolución expresa transcorridos ámbolos dous prazos, as solicitudes teranse por desestimadas.

2. A duración, contía e condicións das axudas serán as que se especifiquen na resolución de concesión.

3. Os delegados, igualmente por delegación da conselleira, poderán modificar, suspender ou revoga-las axudas concedidas, logo do informe da Comisión Provincial de Valoración, nos casos en que varíen as condicións que motivaron a concesión ou do incumprimento total ou parcial dos requisitos e condicións establecidos para ela.

4. As resolucións de concesión, denegación, modificación, suspensión, revogación ou prórroga das axudas dictadas seranlles notificadas ós interesados e terán que ser motivadas.

5. A resolución esgota a vía administrativa, e contra ela pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da dita resolución de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Potestivamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da resolución. Neste caso non poderá interpoñerse o recurso con

tencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de resposición.

Artigo 10º.- Pagamento das axudas.

A contía da axuda concedida aboaráselles ós solicitantes en pagamentos periódicos por mensualidades vencidas.

Antes do derradeiro pagamento, o solicitante presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

No prazo máximo de 15 días, contados desde a finalización do período de percepción da axuda, o solicitante presentará unha declaración xurada na que xustifique a axuda e que os fondos percibidos foron utilizados para os fins propostos.

Artigo 11º.-Seguimento.

O seguimento das axudas será realizado, en cada caso, polo órgano receptor das solicitudes, preferentemente polos servicios sociais municipais, e consistirá en:

a) Avaliación e control na súa aplicación, esixíndose un mínimo dun informe anual da situación das familias beneficiarias; o dito informe presentarase no último trimestre do ano.

b) Apoio e orientación ás familias para acadar canto antes a súa plena autonomía.

c) Pór en coñecemento da Comisión Provincial de Valoración as circunstancias que poidan motiva-la modificación ou prórroga das axudas concedidas.

Artigo 12º.-Alteración.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificacón da resolución da concesión.

Artigo 13º.-Reintegro.

Procederalle ó reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida e os xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento nos casos establecidos no artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, e no previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14º.

Os receptores das axudas ou subvencións quedan sometidos ás actuacións de comprobación que acorde a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Así mesmo, queda obrigado

a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Disposicións adicionais

Primeira.

De acordo co disposto no artigo 3.1º da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, na tramitación anticipada de expedientes de subvencións e outros gastos non contractuais poderase chegar, como máximo, ata o momento inmediatamente anterior ó da disposición ou compromiso do gasto.

Segunda.

A concesión destas axudas terá como límite global o crédito consignado no orzamento para estes fins.

Terceira.

Apróbase a delegación de competencias nos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ó abeiro do establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para resolve-la concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autoriza-los gastos e ordena-los correspondentes pagamentos.

Cuarta.

Os beneficiarios destas axudas estarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador que sobre infraccións nesta materia establece a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.

Autorízase a directora xeral de Familia para dicta-las normas que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comezando os efectos económicos das axudas concedidas o día primeiro de xaneiro do ano 2002.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción

do Emprego, Muller e Xuventude