Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de outubro de 2001 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro autorizado de música profesional Cantiga, de Sarria (Lugo).

O centro autorizado de música profesional Cantiga, de Sarria (Lugo) é titularidade de Manuel Randulfe Jácome, segundo consta na Orde do 28 de abril de 1997 (DOG do 30 de maio) pola que se autoriza a apertura e posta en funcionamento do centro.

Mediante escritura notarial o titular do centro cede esta titularidade a Benigno Pérez Álvarez, que a adquire con tódolos dereitos.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios previstos no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas (DOG do 11 de outubro) e na Orde do 5 de decembro de 1995 (DOG do 7 de febreiro de 1996) que o desenvolve, e tendo en conta os informes favorables da Delegación Provincial de Lugo, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade, segundo os datos que figuran no anexo á presente

orde, do centro autorizado de música profesional Cantiga, de Sarria (Lugo) a favor de Benigno Pérez Álvarez, con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista Manuel Randulfe Jácome, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

Segundo.-O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Sarria.

Localidade: Sarria.

Enderezo: avda. da Mercé, 58.

Código do centro: 27011767.

Titular: Benigno Pérez Álvarez.

Denominación xenérica: centro autorizado de música profesional.

Denominación específica: Cantiga.

Postos escolares: grao elemental: 80; grao medio: 180.