Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 19 de novembro de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I e II da Orde do 6 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 1 de agosto).

A Orde do 6 de xullo de 2001 da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (DOG do 1 de agosto), aprobaba, por unha banda, as bases que rexerán as convocatorias de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada no sector agrario (anexo I), e pola outra, as axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no sector agrario (anexo II), correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 6 e 8 dos anexos I e II, respectivamente, da citada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións designadas polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, da Consellería da Presidencia e Administración

Pública, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada polas comisións de selección correspondentes,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada no sector agrario ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación consonte as normas establecidas nas bases da convocatoria.

As axudas comprenden a totalidade da subvención incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no sector agrario ás empresas que se citan no anexo II desta resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos mencionados anexos I e II e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non acadar, no proceso de selección, a prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida

orde de convocatoria supoñerá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, consonte o establecido nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo anta a Sala do Contencioso-Administativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo de

que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 6-7-2001,P.D. (Orde 6-7-2001,

DOG do 1-8-2001)DOG do 1-8-2001)

Miguel Ángel Ríos FernándezAlejandro Martínez-Geijo

Secretario xeral de InvestigaciónNogueira-Soares

e DesenvolvementoDirector xeral

de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

SolicitanteCódigo da axudaTítuloAnos2001

miles

de ptas.

2002

miles

de ptas.

2003

miles

de ptas.

2004

miles

de ptas.

Total

miles

de ptas.

Persoal

Andrés Ares, José LuisPGIDT01AGR50301PNEstudio da interacción Capsicum Annum, Phitophthora Capsici en Galicia. Bases para a mellora da resistencia á enfermidade11.3001.4502.750Non

De Ron Pedreira, Antonio MiguelPGIDT01AGR40301PNDesenvolvemento dun programa de mellora xenética integrada no feixón (Phaseolus sp.)31.2002.1781.0006004.978Non

Díez Baños, PabloPGIDT01AGR26102PRDiagnóstico de fasciolosis bovina e ovina mediante proteínas recombinantes33.4756.13580070011.110Si

García Herradón, PedroPGIDT01AGR26103PREfecto do incremento da frecuencia de muxidura sobre a capacidade productiva de vacas leiteiras. Aplicación ó uso de robots de muxidura24.2804.0205008.800Non

Malvar Pintos, Rosa AnaPGIDT01AGR40302PNMecanismos de defensa do millo fronte á praga do trade31.2502.1001.0006004.950Non

Merino de Cáceres, FuencislaPGIDT01AGR10301PREstudio da virulencia de distintos illados de Verticilium dahliae e a súa relación coa resposta da pranta23.9004.7101.40010.010Si

Miguez Tabares, José LuisPGIDT01AGR30301PRAgroenerxética: caracterización e comportamento en sistemas de co-combustión22.0003.5359006.435Si

Monterroso Martínez, M. CarmenPGIDT01AGR20001PRDescontaminación de solos agrícolas emendados con lodos de depuradora a través dunha técnica pioneira: a fitoextracción22.9704.7008008.470Si

Paz González, AntonioPGIDT01AGR10302PRAvaluación da calidade do solo e análise da súa variabilidade espacial34.3005.9601.5001.00012.760Si

Sau Sau, FedericoPGIDT01AGR29101PRCalibración e avaliación de modelos de producción da rotación forraxeira intensiva millo-raigrass alternativo, sometida a diferentes niveis de fertilización nitroxenada e de dispoñibilidade hídrica de Galicia: optimización do sistema productivo33.5005.8901.5001.10011.990Si

SolicitanteCódigo da axudaTítuloAnos2001

miles

de ptas.

2002

miles

de ptas.

2003

miles

de ptas.

2004

miles

de ptas.

Total

miles

de ptas.

Persoal

Simal Gándara, JesúsPGIDT01AGR38301PRDeterminación de antibotríticos nas uvas para viñificación e viños. Avaliación da súa persistencia en solos23.5003.8729008.272Si

Velo Sabín, RamónPGIDT01AGR29102PRInfluencia do corte de bicos e do volume da gaiola sobre o benestar de galiñas poñedoras e sobre a calidade do ovo producido24.5007.13080012.430Si

ANEXO I

EmpresaCódigo da axudaTítuloPersoalAnos2001

miles

de ptas.

2002

miles

de ptas.

2003

miles

de ptas.

2004

miles

de ptas.

Totales

miles

de ptas.

% Subvención

sobre o total

subvencionable

do proxecto

Aplicación orzamentaria

04.07.432A.770.0

Álvaro Rodríguez Eiras, S.L.

(Aresa)

PGIDT01AGR01EPlanta piloto para compostaxe de zurro de gando porcino y biomasa para a elaboración dun substrato que poida ser industrializado na fabricación de fertilizante orgánico-mineralNon23.5003.0005007.00050

Aviporto, S.L.PGIDT01AGR02EOptimización do ciclo de producción e valoración agronómica e ambiental do fertilizante Biof-1 nas praderías de longa duración en GaliciaSi34.0004.9001.2001.20011.30050

Cultigar, S.L.PGIDT01AGR03EDesenvolvemento dun novo sistema de aclimatación e enraizamiento de plantas leñosas procedentes de cultivo in vitroSi13.2001.7504.95075

Gestión y Técnicas del Agua, S.A.PGIDT01AGR04EValorización agrícola de lodos de depuradora e o seu impacto ambientalSi35.8005.4001.0001.10013.30075

Leche de Galicia, S.A.PGIDT01AGR06EDesenvolvemento dun programa de certificación da calidade do leite no nivel de explotacións bovinasSi33.4003.5006007008.20050

Proyestegal, S.L.PGIDT01AGR07EDesenvolvemento dunha metodoloxía de traballo para reorganiza-lo territorio utilizando sistemas para captura, almacenamento, composición, análise e visualización de datos espaciais xeorreferenciadosSi37.0003.80060070012.10075

Viveiros Adoa, S.L.PGIDT01AGR08ESelección de plantas herbáceas autóctonas para restauracion ambiental: bases ecotecnolóxicas de producción e implantaciónSi35.3005.10070080011.90075

Xenética Fontao, S.A.PGIDT01AGR09EAplicación do diagnóstico xenético preimplantacional (PGD) de embrións nos programas de mellora e conservación xenética de razas vacunas de GaliciaSi37.8005.25040050013.95050

InordePGIDT01AGR05EReducción dos danos mecánicos nas distintas variedades de pataca cultivadas na Comunidade Autónoma galegaSi37.0002.0002.00065011.65075