Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de outubro de 2001 pola que se modifica a clasificación dos postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Boiro (A Coruña).

O Pleno do Concello de Boiro, en sesión que tivo lugar o día 20 de setembro de 2001, adoptou o acordo de reclasificación dos postos de Secretaría e de Intervención reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, actualmente en clase segunda, en clase primeira, categoría superior.

Na actualidade, os devanditos postos de traballo do Concello de Boiro están clasificados en clase 2ª, de conformidade co previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O artigo 7 do antedito Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os concellos nos que concorran unha serie de características e con acusados incrementos de poboación en determinadas épocas do ano, poderán ser clasificados en clase superior á que lles corresponda segundo o artigo 2 do mesmo real decreto, por instancia da Corporación interesada.

Así mesmo, nas corporacións locais con secretaría de clase primeira, de conformidade co previsto no artigo 2.f) do Real decreto 1732/1994, existirá un posto de traballo denominado tesourería, reservado a funcionarios/as pertencentes á subescala de intervención-tesourería.

Por todo isto, e tendo en conta as circunstancias que concorren no Concello de Boiro, de acordo coa información e documentación que consta no expediente, en aplicación do establecido nos artigos 7 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Os postos de traballo de Secretaría, Intervención e de Tesourería do Concello de Boiro, provincia da Coruña, reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, clasificaranse conforme se determina no anexo que se xunta a esta orde.

Segundo.-De conformidade coa disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, a modificación da clasificación á que se refire esta orde non afectará ó destino dos/as funcionarios/as que viñesen desempeñando o posto con carácter definitivo.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería,

no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Postos de traballo de funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Boiro ( A Coruña).

Posto: Secretaría.

Clase: primeira.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Posto: Intervención.

Clase: primeira.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Posto: Tesoureria.

Subescala: intervención-tesourería.