Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCNIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 28 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle na rúa de Touro (Vite-Almáciga), promovido polo Instutito Galego da Vivenda e do Solo.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 246, do día 26 de outubro de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo