Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001 pola que se anuncia o concurso para a prestación do servicio de atención domiciliaria da infancia.

Obxecto do contrato: e a prestación do servicio de atención domiciliaria da infancia, dedicado exclusivamente ó coidado da prole das mulleres que, por diversas situacións, teñen un impedimento temporal para o coidado dos seus fillos e fillas.

Tipo de licitación: o prezo máximo do servicio por un ano será de 11.735.000 pesetas (70.528,77 euros) para realizar 5.110 horas, a un prezo/hora de 2.300 pesetas (13,82 euros).

Duración do contrato: o contrato terá unha vixencia de dous anos, prorrogable anualmente ata un máximo de 4 anos.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral de entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación que corresponden facer no DOG en o BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativa particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o primeiro día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado