Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación los Cuatro Pinos.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise

público que na sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación los Cuatro Pinos, que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: dedicarse á cría de gando vacún e a promover e comercializar-los productos obtidos, incrementando así a rendibilidade deste tipo de explotacións.

Asinan a acta de constitución: Ramón Pino Pazos e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 10 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra