Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilardevós (Ourense). Expediente nº 1/2001, da obra: afirmado en Vilardevós, correspondente ó Fondo de Cooperación Local 2001.

2. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación urxente. Orzamento: 15.963.415 pesetas (95.942,06 euros) IVE incluído.

3. Garantía provisional: 319.268 pesetas, equivalentes a 1.918,84 euros.

4. Presentación das proposicións: no rexistro xeral do Concello de Vilardevós, das 9 ás 14 horas, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación no BOP ou

DOG (se o último día coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Vilardevós, 13 de novembro de 2001.

José Luis Pérez García

Alcalde