A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 19 de novembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da 1ª fase do 1º sector do Plan parcial industrial no SUNP-37 Costa Vella, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).
O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo