Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/138-2, 5712 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subt. C.T. de 630 kVA R.B.T. subt. edif. praza Exército Español.

Situación: Lugo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con lonxitude de 230 m conductor tipo R.H.Z. 1 con orixe en C.T. O Carme 1 e final en C.T. de praza Exército Español. C.T. interior de 630 kVA de potencia e relación transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. subterránea con lonxitude de 230 m e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo