A Consellería de Medio Ambiente recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, sección primeira, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001145/01 JL interposto por Ferlosa, S.L., contra a orde da Consellería de Medio Ambiente, do 7 de xuño de 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a inclusión na rede Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral (Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño de 2001).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural