Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001139/01 JL, interposto por Pebosa, S.A.

A Consellería de Medio Ambiente recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0001139/01 JL interposto por Pebosa, S.A., contra a orde da Consellería de Medio Ambiente, con data do 7 de xuño de 2001, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a inclusión na rede Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral (DOG nº 118, do 19 de xuño de 2001).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural