A Consellería de Medio Ambiente recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0001140/01 JL interposto por Cupiga, S.A., contra a orde da Consellería de Medio Ambiente, con data do 7 de xuño de 2001, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a inclusión na rede Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral (DOG nº 118, do 19 de xuño de 2001).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural