Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/349-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. A Estrada-Matalobos.

Situación: concellos de Cuntis e A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 287 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde un apoio s/n da liña eixe Vea-Cuntis ata apoio entroncamento da derivación ó C.T. Ferreiros. A instalación está situada nos concellos de Cuntis e A Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra