Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/348-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. distribución na rúa Pazos Fontenla nº 68.

Situación: concello de Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 9 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. Bueu ata o centro de distribución que se proxecta na rúa Pazos Fontenla nº 68, no concello de Bueu. Centro de distribución cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra