Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Olga Fernández Castiñeiras e outros.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítase o recurso número 293/01 (procedemento abreviado) interposto por Olga Fernández Castiñeiras, Gabriel Fernández Vizoso, Miguel González Gallegos e María Elena López Docasar na súa condición de aspirantes incluídos nas listas para vinculacións temporais da categoría de médicos de familia publicados pola Dirección Provincial do Sergas de Pontevedra con data do 22 de xaneiro de 2001. Os recorrentes pretenden a asignación de 0,083 puntos por cada mes de servicios prestados no Policlínico de Vigo, S.A (Povisa), coa conseguinte modificación da puntuación asignada.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos