Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

RESOLUCIÓN 556/2001, do 5 de novembro.

Transcorrido o prazo de exposición ó público do acordo de delegación de competencias en materia tributaria na Deputación Provincial da Coruña, que foi adoptado polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o vintenove de agosto de dous mil un, e ó non se presentar dentro daquel ningunha reclamación, segundo conta no certificado de exposición ó público e o seu resultado que figura unido ó expediente, aceptada a delegación pola deputación na sesión plenario do 26-10-2001 que foi publicada no BOP nº 249, do 30-10-2001, esta alcaldía resolve:

Primeiro.-Elevar a definitivo o citado acordo, de conformidade co disposto no parágrafo 2º do acordo do Pleno da Corporación a que antes se fixo referencia, e que é do seguinte teor literal:

«Primeiro.-Delegar na Deputación Provincial da Coruña o exercicio de competencias tributarias nos termos e condicións recollidos nas bases para a prestación de servicios tributarios ós concellos da provincia, aprobadas pola corporación provincial en sesión plenaria do día vintenove de xuño do ano dous mil un; todo iso respecto ás seguintes materias:

-Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre bens inmobles, tanto de natureza rústiva coma urbana, ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

-Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre actividades económicas ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, así como a facultade para, de acordo co previsto no artigo 92 da Lei reguladora das facendas locais, solicitar da Administración tributaria do Estado a delegación das funcións de xestión censual e inspección, e establecer coa dita Administración as oportunas fórmulas de colaboración na materia de inspección en relación con este mesmo imposto.

-Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

-Recadación voluntaria e executiva das seguintes taxas de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón:

-Taxa por recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

-Taxa por prestación do servicio de rede de sumidoiros.

-Taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reserva de vía pública para aparcadoiro exclusivo, paradas de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

-Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito

público de carácter non periódico ou de periocidade inferior ó ano.

Segundo.-Publicar este acordo no BOP e abrir un prazo de 30 días hábiles desde a data de publicación, para a presentación de alegacións a el. De non se presentar alegacións dentro do prazo establecido, este acordo elevarase a definitivo automaticamente».

Segundo.-Remitir copia do acordo definitivo ó Servicio Provincial de Recadación da deputación provincial.

Terceiro.-Publica-lo citado acordo no BOP e no DOG, para xeral coñecemento, de acordo co previsto no artigo 7.2º da Lei reguladora das facendas locais.

Mándao e asínao o alcalde, en Laxe o cinco de novembro de dous mil un, do que eu, secretario, dou fe.

Antonio Carracedo Sacedón

Alcalde

Manuel Varela Mariño

Secretario