Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: Miraflores, 20-B, 15840 Santa Comba.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. lugar de Esmorode-Catro Ventos.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: L.M.T. aero-subterránea a 20 kV de 1.576 e 275 m respectivamente, en conductor LA-56 e R.H.V. de 95 mm, que parte da L.M.T. a C.T. Santa Cataliña en apoio nº 14 e final no C.T. prefabricado de 250 kVA no lugar de Esmorode-Catro Ventos. Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 10 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña