Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T., C.T. e R.B.T. Puntillón.
Situación: Concello de Moaña.
Características técnicas: L.M.T, subterránea, a 20 kV, de 908 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Moaña ata o novo C.T. Puntillón, que se sitúa no baixo do novo edificio do concello de Moaña. C.T. de 630 kVA, relación de tansformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 808 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 4 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra