Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/352-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas estrada Castrelos-Bouzas.

Situación: Vigo.

Características técnicas: variante na L.M.T. BAL 718, a 15 kV, con conductor tipo LA-56, de 259 m de lonxitude, desde o apoio existente tipo 2B/14 e final no apoio existente 2-2A-14. Variante na L.M.T. BAL 709 e 708, a 15 kV, con conductor tipo LA-110, de 582 m de lonxitude, desde o apoio existente tipo 2-2A/16 ata o apoio existente tipo C-3000/20. Variante na L.M.T. subterránea BAL 728, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 85 m de lonxitude. Variante na R.B.T. aérea da zona, de 1.130 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. Variante na R.B.T. subterránea da zona, de 255 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra