Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Mosteiro de Carboeiro.
Situación: Concello de Silleda.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 627 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio HV-400/12 da L.M.T. existente entre os CC.TT. minas do Fontao e Carboeiro ata o C.T. qeu se proxecta denominado Mosteiro de Carboeiro, no concello de Silleda. C.T. de 100 kVA relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra