Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

EDICTO.

O Concello de Xunqueira de Ambía, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de outubro de 2001, acordou:

Prorroga-lo período de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ata o 31-12-2001.

Modifica-la data de suspensión de licencias, que será a partir do 31-12-2001.

Fixa-lo calendario para a exposición do plan polo equipo redactor, que queda como segue:

Xunqueira de Ambía: das 10 ás 14 horas nas Escolas Vellas, os días 27 e 30 de outubro, 3, 6, 10 e 13 novembro.

Armariz: das 10 ás 14 horas na escola de Armariz, os días 17 e 20 de novembro.

A Graña: das 10 ás 14 horas no local social da Graña, os días 24 e 27 de novembro.

A Abeleda: das 10 ás 14 horas na escola da Abeleda, os días 1, 4, 7 e 11 de decembro.

Sobradelo-Busteliño: das 10 ás 14 horas, escola de Sobradelo, os días 15 e 18 de decembro.

Así mesmo, os venres estará no concello o arquitecto Antonio Rodicio Pérez, para atender a tódolas persoas interesadas.

Xunqueira de Ambía, 19 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado