Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para a prestación de seguros do Concello de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicante.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia: Actividades Clasificadas e Espectáculos.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: contrato de prestación de seguros do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Prazo: 1 ano, prorrogable por anualidades.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

Non se fixa tipo mínimo de licitación, o prezo deberán ofertalo os licitadores.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, Negociado de Actividades Clasificadas e Espectáculos, teléfono: 986 56 50 56 (ext. 102).

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de 9.30 a 13.30 horas.

9. Gastos dos anuncios.

Pagaraos o adxudicatario.

Vilagarcía de Arousa, 11 de outubro de 2001.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde