Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.923

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de novembro de 2001 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, anunciada por Orde do 13 de setembro de 2001.

Convocada por Orde do 13 de setembro de 2001 (DOG número 196, do 9 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades

conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 13 de setembro de 2001 (DOG número 196, do 9 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laboarais

ANEXO I

DNI: 76808269.

Apelidos e nome: Martín Álvarez, Juan José.

Grupo: A.

Corpo/escala: secretario xudicial.

Código posto: XUC030000115770001.

Denominación: Subdir. Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 3325345768A2060.

Apelidos e nome: Juanatey Mayán, Rafael Isaac.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior.

Código do posto: XUC030000215770001.

Denominación: Subdirección Xeral de Recursos Humanos, Materiais e Informticos da Administración de Xustiza.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.