A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios no sector da minería, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comuidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria pra o ano 2001 (Diario Oficial de Galicia número 30, do 12 de febreiro). O obxecto desta orde é o fomento da prestación de servicios efectuada por asociacións ou federacións empresariais, da calidade, da seguridade nas empresas, e da innovación empresarial, de sectores industriais relacionados coa minería non metálica.
Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a prestación, antes do día 15 de novembro de 2001, da documentación acreditativa do investimento realizado.
Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivaron un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de execución e xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes á vista da complexidade da materialización das actividades subvencionadas por parte dos beneficiarios.
Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó amparo da orde da Consellería de Industria e Comercio do 2 de febreiro de 2001, ata o día 30 de novembro de 2001.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio