Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para un proxecto de implantación dunha arquitectura de computación SBC (Server Bases Computing) e servicio de soporte dela para a centralización de aplicacións corporativas do Servicio Galego de Saúde (S/525-2001).

Obxecto e orzamento: un proxecto de implantación dunha arquitectura de computación SBC (Server Bases Computing) e servicio de soporte dela para a centralización de aplicacións corporativas do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de vintenove millóns cincocentas trinta e tres mil cento noventa e catro pesetas (29.533.194 pesetas, IVE incluído) equivalentes a 177.498,07 euros.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2002.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación; edificio administrativo San Lázaro, 2º piso, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas, e na páxina web: www.sergas.es

Garantías: non se exixen.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, no edificio administrativo de San Lázaro, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na

forma indicada no punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do 2º piso da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos