Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde dunha consultoría e asistencia para a prestación de asistencia técnica para a dirección do proxecto, e consolidación de servicios correo e web para o Servicio Galego de Saúde (S/516-2001).

Obxecto e orzamento: consultoría e asistencia para a prestación de asistencia técnica para a dirección do proxecto e consolidación de servicios correo e web para o Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de vintecatro millóns seiscentas dúas mil novecentas setenta e seis pesetas (24.602.976 pesetas) (IVE incluído), equivalente a 147.866,86 euros.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: dous anos desde o asinamento do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación; edificio administrativo San Lázaro 2º piso, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou na páxina web: w.w.w.sergas.es

Garantías: non se esixen.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, no edificio administrativo de San Lázaro, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do 2º piso da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario (o seu custo é estimado en 90.000 pesetas aproximadamente).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos