Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 22 de outubro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000078-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000078-5.

Denunciado: Jaime García Parada.

DNI: 76870428-N.

Enderezo: Arousa, 9, Cambados (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.14º.

Sanción: 100.000 pesetas/601,01 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000254-5.

Denunciado: Jonathan Martínez Echegoyen.

DNI: 53176222-S.

Enderezo: Beirán, 46, Matamá, Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 25.001 pesetas/150,26 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000259-5.

Denunciado: Manuel Pérez López.

DNI: 36104946-Y.

Enderezo: Vista Real, 1, 3º A, Baiona (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 5.3º, 6.14º.

Sanción: 35.000 pesetas/210,35 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000380-5.

Denunciado: Vicente Barbosa Gómez.

DNI: 34536230-M.

Enderezo: estrada da Granxa, 21, 4º, Ourense.

Precepto infrinxido: 5.3º.

Sanción: 5.000 pesetas/30,05 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 22 de outubro de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo