Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foron declaradas como recurso da sección B) da Lei de minas as balsas de finos da antiga mina de ferro Chon, 4204.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución do 11 de xullo de 2001, foron declaradas como recurso da sección B) da Lei de minas, as balsas de finos da antiga mina de ferro Chon nº 4204, que se atopan na parroquia de Lanzós, concello de Vilalba, da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 46.5º do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 7 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo