Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 24 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Ampliación a As Revas, 5873.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que por Resolución do 24 de maio de 2001, foi outorgado o permiso de investigación Ampliación a As Revas, número 5873, de 18 cuadrículas mineiras para recursos de lousa, que se sitúa nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 24 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo