Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.831

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (951/200o).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Guillermo Gómez Rial, contra Auto Tur, S.L., Indalcar Autos, S.L., Musiclass, S.L., Antonio Avilés López dictouse auto con data 1 de setembro de 2001, coa parte dispositiva do teor literal seguinte.

«III. Parte dispositiva.

Acórdase: admitir a trámite a demanda presentada e rexistrala. E de conformidade co disposto na Lei de procedemento laboral, cítese en legal forma as partes litigantes para que o día 21 de novembro ás 9.45 horas comparezan na Sala de Audiencia deste Xulgado do Social dous, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de celebra-los actos de conciliación e xuízo que a lei prevén, entregando ó demandado no acto da citación a copia da demanda, a ela acompañada e prevíndoo de que se intenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que o dirixa ou represente, deberao pór en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes, e facéndolles a ámbalas partes as seguintes advertencias: a) que poden comparecer ou defendérense persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís, a designación do cal poderán facer mediante poder bastante, por medio de comparecencia perante este

xulgado, ou perante o de Primeira Instancia ou de Paz, se é o caso, se o domicilio da parte fose distinto da residencia deste xulgado; b) que a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores por canto as partes poden nomear representantes, e estes e o mesmo os defensores, poden substituí-la representación ou a defensa conforme as leis, téndose por desasistido o demandante se non comparece; e c) quen os litigantes, ou quen os represente, teñen

que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

E para as citacións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Admítese e declárase pertinente a proba proposta. Cítense a confesión xudicial os representantes legais das demandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e cabe interpor recurso de reposición perante este xulgado no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Mª Fe López Juiz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe».

E para que se publique no DOG e sirva de citación, notificación e requirimento a Auto-Tur S.L., Indalcar Autos S.L., Musiclass S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado