Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (323/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber, que nos autos número 323/2001, seguidos por instancia de José Luis García Peterio contra Urproman, s.L., sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 16-10-2001, coa seguinte parte dispostiva:

«Que estimando a demanda interposa por José Luis García Peteiro, contra a empresa Urproman, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 106.101 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Sala

rial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta a miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Urproman, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa Alcalde Pérez Ardá, 14, semisoto, 15008 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 16 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado