Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de corrección de erros.

Detectado un erro no anuncio de licitación por concurso, con procedemento aberto, da obra de reforma de Villa Lucinda para sede da policía local, publicado o 29 de outubro no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 209) e o 3 de novembro no BOP (boletín nº 252), procédese á súa rectificación:

Onde di: «7. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupos 6, 8, 9 e I, subgrupos 9 e 4», debe dicir: «7. Clasificación do contratista: non se esixe».

Ábrese un novo prazo de presentación de ofertas de 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

Culleredo, 8 de novembro de 2001.

P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP 13-11-1999)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación