Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-2/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 10 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle, presentado por Montouto Parque Breogán, S.A., para a ordenación de volumes, determinación de aliñacións e recuados das edificacións do rueiro 3 na Urbanización Breogán, Feáns.

Segundo.-Proceder á publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Notificar ó interesado.

Cuarto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, de se-lo caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación, ou noutro caso, o de seis meses a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Comunicar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 15 de outubro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo