Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución definitiva do concurso público 3DP/2001, que ten por obxecto a contratación dun servicio de transporte de material sanitario entre os centros sanitarios de atención primaria e especializada da provincia da Coruña.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, e para dar cumprimento ó previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba

o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade á resolución do seguinte concurso de servicios.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga, 3.

c) Número de expediente: 3DP/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de transporte de material sanitario entre os centros sanitarios de atención primaria e especializada da provincia da Coruña.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 173, do 6 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 22.890.380 pesetas (IVE incluído) (vintedous millóns oitocentas noventa mil trescentas oitenta pesetas) (137.573,955 euros).

5. Adxudicacións:

a) Deserto.

A Coruña, 10 de outubro de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña