Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-2310/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-2310/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego do Consumo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación; tamén se poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os día un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-2310/2000.

Denunciado: Grupo Goncasse, S.L.

Enderezo: r/ Alcalde Lens nº 20, 15010 A Coruña.

Sanción e motivos: 100.000 pesetas (cen mil pesetas), por negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.

Data de resolución: 4-9-2001.

A Coruña, 18 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña