Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso e polo trámite de urxencia, relativa á subministración de sinais para os recursos turísticos dos municipios de Boborás e Celanova.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, da subministración de sinais para a sinalización dos recursos turísticos do núcleo antigo do municipio de Celanova e da parroquia de Pazos de Arenteiro do municipio de Boborás.

Orzamento de licitación: dez millóns cincocentas mil (10.500.000) pesetas, 63.106,27 euros, no que se inclúen os gastos de entrega, transporte e de calquera outro tipo, así como toda clase de taxas e impostos.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 31 de marzo de 2002.

Garantía provisional: dispénsase a súa constitución.

Clasificación: non se esixe.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas delegacións provinciais da consellería.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse nun prazo non superior a 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo (praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela), consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas consonte o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación para presentar polos licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación, e ás 11 horas do terceiro día hábil natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo