Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso público para a subministración do equipamento xeral da Residencia Stella Maris, na illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación, mediante concurso aberto e trámite de urxencia, da subministración que se cita:

-Obxecto: equipamento xeral da residencia Stella Maris, na illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: 8.700.000 pesetas (oito millóns setecentas mil pesetas) IVE incluído (52.288,05 A).

-Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Exposición de proxectos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural.

-Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, unicamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado e terá que aterse ó disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

-Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo; edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a mesa reunirase o día hábil seguinte.

-Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2001.

Xesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo