Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente p-271/2000 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 24 de agosto de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-271/2000.

Denunciado: Julio Sanz Hoz.

DNI: 52398398-M.

Enderezo: paseo de Riu Llobregat nº 6-8-1º-2. Badalona. Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da preceptiva licencia, así como non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Medio Ambiente para determinados treitos ou masas de auga, ó estar nun tramo non autorizado para ciprínidos (riba da ponte antiga da estrada de Monforte de Lemos). Feitos constatados o día 6-9-2000, ás 12.50 h no río Miño-encoro dos Peares; Ribas de Miño. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 60.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.