Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 3 de outubro de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia de Lugo, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, -modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro)- ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo, a resolución dictada en relación co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderase intepoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril (BOE do 11 de abril).

Lugo, 3 de outubro de 2001.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Solicitante: Mª Isabel Seijas Rifón.

DNI: 33324833.

Resolución: denegación do recoñecemento de pensión de invalidez non contributiva.

Feitos: ser causante de prestación incompatible de fillo a cargo.

Fundamentos de dereito: artigo 187.3º do T.R.L.X.S.S., aprobado polo R.D.L. 1/1994, do 20 de xuño.