Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

Aprobados pola Comisión de Goberno, na sesión da data 23 de outubro de 2001, os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas que rexerán a contratación mediante concurso dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, expóñense ó público polo prazo de oito días naturais, para efectos de exame e presentación de reclamacións (que de non presentarse entenderanse definitivamente aprobados). De conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente a licitación nos diarios oficiais (se ben se aprazará no suposto de producírense reclamacións ós pregos).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Friol.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Tramitación, procedemento e xeito de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: o importe total é de 15.000.000 de pesetas, IVE incluído (90.151,81 euros).

5. Garantías.

Provisional: 300.000 pesetas (1.803,03 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: dentro dos 8 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no DOG. Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

7. Anuncios: por conta do adxudicatario.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Friol, 30 de outubro de 2001.

Antonio Muiña Pena

Alcalde