Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-10/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 26 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado pola Autoridade Portuaria da Coruña, para o Palacio de Congresos, centro de ocio e comercial na explanada do peirao de transatlánticos, coa seguinte condición:

Deberán corrixi-lo documento no sentido do informado, é dicir, aclarando que o uso terciario non superará o 50% do total, determinando os metros cadrados que se destinan en cada un dos volumes ordenados a equipamento e a terciario complementario.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento polo prazo dun mes, anunciándose así no DOG e en dous xornais dos de maior circulación na provincia.

Terceiro.-Notificarllo á Autoridade Portuaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 2 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo