Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de outubro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución de arquivo dictada en relación cos expedientes e interesados que no anexo se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos domicilios dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do delegado provincial da CPTOPV pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución.

«Visto o expediente promovido por vostede, para a construcción de vivendas de protección oficial nese concello e, resultando que o expediente foi cualificado provisionalmente concedéndolle un prazo de execución das obras de 30 meses.

Resultando que mediante requirimento, apercibiuse o interesado/a sobre a declaración de caducidade do expediente de non cumpri-las prescricións que determina a normativa sobre vivendas de protección oficial.

Considerando que, transcorrido o prazo de 3 meses concedidos para o efecto e ó non acreditarse que presentara a solicitude de cualificación definitiva, así como a documentación complementaria dela, non se cumpriu o establecido non artigo 17 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro.

Considerando que, cumpridos os requisitos que determina o artigo 92.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se produciu a paralización do expediente por causa imputable ó promovente, sen que conste tampouco que se solicitara prórroga ningunha por causa xustificada.

RESOLVO:

No exercicio das atribucións que me están conferidas, declara-la caducidade do expediente e, en consecuencia, proceder ó arquivo das actuacións».

Pontevedra, 3 de outubro de 2001.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-P-0084/1996.

Interesado: José Puentes Carrera.

Último enderezo coñecido: Arcos, 29, Ponteareas.

Intentos de notificación persoal: o 29-6-2001 ás 12.45 h e o 2-7-2001 ás 13.20 h.

Expediente: 36-P-0108/1996.

Interesado: Secundino Sendín Gómez.

Último enderezo coñecido: edif. As Areas, 206-1º esq., Mos.

Intentos de notificación persoal: o 2-7-2001 e o 3-7-2001.

Expediente: 36-P-0127/1996.

Interesada: Isabel Ramilo Rivero.

Último enderezo coñecido: Monte, 167, Mos.

Intentos de notificación persoal: o 2-7-2001 e o 3-7-2001.

Expediente: 36-P-0158/1996.

Interesado: José Carlos Vila Costas.

Último enderezo coñecido: San Benito, 21, Tomiño.

Intentos de notificación persoal: o 29-6-2001 e o 2-7-2001.